26 de maio de 2025

DEPORTES

ATLETISMO

Cinco medallas para a Sociedade Atlética do Trega 

• No Campionato Gallego Sub12 e Sub10, celebrado na Coruña  


Gabriela López Cadilla, de A Guarda, feliz coas súas medallas de prata e de bronce, que logrou nas probas de 1.000 metros lisos e de lanzamento de pelota (200g), respectivamente

Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes / A Guarda

 O pasado sábado, 24 de maio, nas pistas de atletismo de Elviña (A Coruña) celebrouse o XXXIII Campionato Xunta de Galicia Sub12 e o XVI Sub10. A Sociedade Atlética do Trega tivo unha destacada participación, logrando un total de cinco medallas grazas ao esforzo e dedicación dos nosos novos atletas, todos eles do Baixo Miño.  

 Na categoría Sub10, Gabriela López Cadilla, de A Guarda, a máis pequena do equipo, foi a atleta máis sobresaliente do noso club, deixando a súa pegada cun dobrete: prata nos 1.000 metros lisos cunha marca persoal de 3’37”68, e bronce no lanzamento de pelota (200g) cun mellor rexistro persoal de 20.76 metros.  


Nadia Conejo Bascoy, de A Guarda - á esq. -, e Julia Martínez Ozores, de Tomiño (á der.), coas súas respectivas medallas de prata e bronce, que lograron na proba de 1.000 metros lisos

 Na categoría Sub12 Feminina, Nadia Conejo Bascoy, de A Guarda, proclamouse subcampioa galega nos 1.000 metros lisos, cun tempo de 3’23”19. Ademais, quedou moi preto do podio nos 60 metros lisos, logrando un cuarto posto cun tempo de 8’’95.  

 A súa compañeira Julia Martínez Ozores, de Tomiño, tamén brillou na mesma proba, conseguindo o bronce nos 1.000 metros lisos cun tempo de 3’24”34, e logrando ademais a súa mellor marca persoal.  


Alan De la Fuente Maculewizc, de Tomiño - á esq. - coa súa medalla de prata que logrou na proba de 1.000 metros lisos


 Na categoría masculina Sub12, Alan De la Fuente Maculewizc, de Tomiño, conseguiu a medalla de prata nos 1.000 metros lisos, cun excelente crono de 3’14”55.  

 O traballo en equipo e a constancia dos nosos atletas segue dando froitos, e non podemos estar máis orgullosos dos seus logros. 

 Parabéns a todos e a seguir crecendo! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario