10 de mar. de 2025

DEPORTES

PIRAGÜISMO

GRAN COMEZO DE TEMPADA PARA OS MÁIS PEQUENOS DO DEPORTIVO MIÑO-TEIXUGOS   


O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu ao evento con doce pequenos deportistas

Informa (fotos e redacción): Rosa Fernández Carrera

 Este domingo celebrouse na praia fluvial do Cordeiro, en Salvaterra, a 1ª Copa Galega de Promoción de Slálom. As augas do río Tea acolleron esta primeira competición da Liga Galega de Promoción, destinada a  nenos e nenas de idades comprendidas entre os sete e os trece anos.        

 O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu ao evento con doce pequenos deportistas que gozaron do deporte e a amizade.  


 En canoa Nerea Álvarez gañou á proba, e Leila Álvarez foi segunda 
  

En caiac o podio foi enteiramente teixugo, Leila  gañou o ouro;  Nerea a prata; e Rita Olveira  acadou o bronce

 Na categoría infantil feminina as nosas padexeiras dominaron a competición. En canoa Nerea Álvarez impúxose cun gran tempo, e Leila Álvarez foi segunda na súa estrea  na modalidade. En caiac o podio foi enteiramente teixugo, Leila  gañou o ouro,  Nerea a prata e Rita Olveira,  na súa primeira competición como infantil, acadou o bronce; Catalina Sánchez foi cuarta e Beatriz Sánchez sétima.  


 Iria Álvarez, gañou a proba de k1 benxamín

 Pola súa banda, Iria Álvarez, en K1 benxamín, foi a gañadora da proba.  

 En K1 infantil masculino Izan Vicente foi quinto; Lois Montenegro, sexto; Alejandro Barreiro, oitavo; e Leo Álvarez, duodécimo.  


Roque Olveira acadou o ouro en K1 alevín

 En K1 alevín, Roque Olveira acadou o ouro ao facer a mellor manga da categoría, e Martín Vicente acabou  quinto. 

 

Na clasificación por equipos o Club Deportivo Miño-Teixugos gañou a proba 

 Na clasificación por equipos o Club Deportivo Miño-Teixugos gañou a proba cun total de 219 puntos; segundo foi o Montaña Quixós de Monforte con 147; e terceiros o Piraguismo Penedo de Tui con 97.

Ningún comentario:

Publicar un comentario