O PSOE de O Porriño exixe ao alcalde que priorice a Chenlo e promova un Plan de Financiación para as Entidades Locales Menores
• O Porriño conta coa ELM de Chenlo e os seus veciños, parroquia que despois de quedar sin as obras de saneamento que se anunciaran por parte do Concello, deben contar con orzamento e axudas actualizadas na súa Entidade
Infogauda / O Porriño
A Agrupación do PSdeG-PSOE de O Porriño vén de relembrar que “na provincia de Pontevedra existen oito entidades locais menores e unha delas é a Entidade Local Menor de Chenlo, que conta cun orzamento para o ano 2025 de 90.330 €; cantidade na que o Concello do Porriño aporta 40.000 € anuais en convenio, según se recolle nos Orzamentos municipais do ano 2024”.
Asemade, indican que “os gastos da ELM de Chenlo en persoal ascenden a 49.900 € anuais, evidenciando que o actual orzamento vese asfixiado polos custos salariais, nóminas e dietas do persoal da entidade, deixando pouco ou ningunha marxe para a xestión e desenvolvemento de proxectos de interese para Chenlo.
Segundo a normativa, debe ingresarse como mínimo o 25% da recadación xerada no ámbito territorial da entidade local menor, pero a pesar de ter personalidade xurídica e representación política propia, as ELM non teñen acceso directo a programas de financiamento doutras administracións, como a Deputación de Pontevedra. Por exemplo, o programa +Provincia non contempla a posibilidade de acceso para estas entidades. Deste xeito, o PSdeG-PSOE do Porriño proporá no Pleno do vindeiro luns, solicitar da Xunta de Galicia e da Diputación a que deseñe e implemente un plan de financiación especial para as ELM, co obxetivo de garantizar a súa sustentabilidade y desenrollo integral”.
Respecto desta moción, David Alonso Bargiela, voceiro socialista, indica que “o PP ten dúas opcións: apoiar esta moción agora ou, coma noutras ocasións, votar en contra e meses despois apropiarse das nosas propostas para facelas súas. ¿Van seguir xogando á política de dobre raseiro?”.
A paradoxa dun alcalde con raíces en Chenlo que non actúa
“É paradóxico - engade David Alonso Bargiela - que o alcalde de O Porriño, natural de Chenlo e exalcalde pedáneo da Entidade, non empregase a súa influencia como deputado provincial para garantir un financiamiento adecuado para a súa propia parroquia, xa que contan cun orzamento que non deixa marxe para a realización de proxectos de interés local.
A pesares de que o PSdeG-PSOE non ten representación en Chenlo, a diferenza do Partido Popular que gobierna tanto no Concello de O Porriño coma na Deputación de Pontevedra, unha vez máis amosa o seu compromiso polo interés xeral incluso naquelas entidades onde non ten representación política”.
“Namentres o rexidor porriñés, que coñece de primeira man as necesidades de Chenlo non impulsa medidas concretas para poñer solución aos problemas financeiros da entidade, os socialistas tomamos a iniciativa e presentamos unha proposta que non só beneficiaría aos vecinos da parroquia porriñesa, senón ás ELM repartidas en toda a comunidade galega” remata o concelleiro do PSdeG - PSOE, David Alonso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario