20 de feb. de 2025

A GUARDA

A Guarda apraza a Gala do Deporte por problemas técnicos   

Infogauda / A Guarda

 Na tarde deste xoves, día 20 de febreiro, o Concello de A Guarda fixo pública á seguinte nota de prensa:

 Lamentamos informar da cancelación da Gala do Deporte que se ía celebrar este venres 21 de febreiro. Uns problemas técnicos fan imposible ter todo listo para o día de mañá, polo que o Concello xa traballa para organizar a mellor gala nunha nova data.  

 Agardamos poder homenaxear aos nosos deportistas e clubs o máis pronto posible. A nova data para a Gala do Deporte darase a coñecer por redes sociais e páxina web do Concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario