28 de xan. de 2025

TUI

O Concello de Tui declara un día de loito oficial polo pasamento de Xosé Martínez Tato 

• Era concelleiro do BNG  na corporación municipal dende o ano 2013 


Xosé Martínez Tato
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 O Concello de Tui declara un día de loito oficial polo pasamento do concelleiro Xosé Martínez Tato. Era membro da corporación municipal dende o ano 2013 formando parte do grupo municipal do BNG. As bandeiras da casa do concello ondearán mañá mércores a media asta.  

 Xosé Martínez Tato, de 70 ano, casado, con catro fillos e dous netos, destacou sempre polo seu compromiso e implicación en moi diversos ámbitos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario