O Rosal pensa en galego
O Concello deu a coñecer as persoas premiadas no I Concurso de Relato Curto do Concello do Rosal
Infogauda / O Rosal
En relación ao I Concurso de Relato Curto do Concello do Rosal, e ainda que está pendente de axendar a data do acto de entrega dos premios, que será dada a coñecer oportunamente; a alcaldía do Concello do Rosal, mediante decreto nº 2024 - 1239 (Expediente 574/2024), publicado con data 08/01/25 no taboleiro electrónico de novas da Sede electrónica, así como no taboleiro físico de novas da entrada do Concello, deu a coñecer a seguinte:
RESOLUCIÓN DOS RELATOS CURTOS GAÑADORES DO I CONCURSO DE RELATO CURTO DO ROSAL
Vista a acta de valoración e o veredicto dos membros do xurado con data 21 de decembro 2024, pola que deixan constancia dos relatos gañadores.
Visto o informe técnico da Informadora Xuvenil con data 30 de decembro de 2024.
Segundo ás bases do I CONCURSO DE RELATO CURTO DO CONCELLO DO ROSAL, e tendo en conta o que precede, teño a ben formular a seguinte RESOLUCIÓN:
PRIMEIRO.- Nomear gañadores e gañadoras do concurso ás seguintes persoas:
Categoría Adulta:
1. “A Copia” – FELIPE RODRÍGUEZ ESCRIBANO
2. “A importancia da Herba Luisa” – SARA VICENTE ALONSO
3. “O Pazo” – DOMENICO TINELLI
Categoría xuvenil:
1. “O burato” – NAOMI BAZ SEIDEL
2. “O diario de Samuel” – SARA GARCÍA GÓMEZ
3. “Entrañas” – FIUME TINELLI BOUZAS
Categoría infantil:
1. “As meigas e a fin da Covid” – CELIA MARÍA PÉREZ VÁZQUEZ
2. “As plumas da morte” – ARWEN FERNÁNDEZ GARCÍA
3. “Un pesadelo intenso” – CLOE DE OLIVEIRA REAL
SEGUNDO.- Publicar un anuncio da presente resolución no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello do Rosal das persoas gañadoras.
TERCEIRO.- Dar conta ao Pleno na vindeira sesión que se celebre.
O Rosal, 31 de decembro de 2024
A ALCALDESA
Ánxela Fernández Callís
Ante min, O SECRETARIO
Carlos Prieto Fernández
Ningún comentario:
Publicar un comentario