ATLETISMO
Novas medallas autonómicas para deportistas da Sociedade Atlética do Trega
No Campionato Xunta de Galicia de Campo a través Sub10, Sub12, e Sub14, 2025 Memorial Alejandro Lorenzo
Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes
Este pasado domingo, o circuíto da praia de Cabío (concello de A Pobra de Caramiñal), acolleu o último campionato galego de cros federado da tempada 2025 das categorías benxamín, alevín e infantil.
Ata alí, o noso club, levou a 11 atletas, que o deron todo nas citadas categorías a pesar do frío e chuvioso día.
Sobresaíron unha vez máis, Gabriela López Cadilla, de A Guarda, cunha grandísima vitoria na Sub10, facéndose co galardón de campioa galega entrando en meta con tempo de 4´07".
Na Sub12 feminino, Nadia Conejo Bascoy, tamén de A Guarda, conseguiu o campionato galego cun crono de 6´05".
Xa na Sub14 masculino, Sergio Silva Souto, de Tomiño, fíxose co subcampionato galego, cedendo esta vez, xa que a semana pasada, viña de haber quedado campión galego escolar en Poio.
Destacaron tamén, con grandes resultados, os seus compañeiros, moi pretiñoa das medallas: 4º clasificado Alan de la Fuente Maculewicz (Sub12); 5ª clasificada Alba Vasconcellos Rodríguez (Sub14); 6ª clasificada Julia Martínez Ozores, en Sub12.
Ademais, cómpre nomear ao resto da expedición cos seus tamén formidables resultados: 9ª clasificada Adela Vasconcellos Rodríguez (Sub12); 19º clasificado Martín Rodríguez Castro (Sub12); 19º clasificado Marco de la Fuente Maculewicz (Sub14); e 21º clasificado, Hugo Rodríguez Gómez (Sub14).
E pechando a actuación Carmen Martínez Ozores 50ª clasificada en Sub14.
Fantásticos resultados da escola de base do Baixo Miño de todos os seus atletas participantes.
Dese xdeito, un ano máis, a escola de Atletismo de Tomiño, é un dos mais laureados no reconto de medallas individuais no Campionato Galego de Cros federado (gañándose de novo o prestixio a nivel resultados como un referente no fondo galego en etapa de formación).
Felicidades a todos, e aos seus adestradores Javier Sierpes e Patricia Pereira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario