26 de nov. de 2024

TUI

Llerena Perozo presenta “Os anos tranquilos”

 Será este mércores, 27 de novembro, ás 19 h na Sala Félix Rodríguez. Forma parte da programación do 25N 




Infogauda / Tui

 A viguesa Llerena Perozo Porteiro presentará o seu libro “Os anos tranquilos”. Será este mércores, 27 de novembro, ás 19 h, na Sala Félix Rodríguez, dentro do programa do 25N do Concello de Tui.  

 “Os anos tranquilos” é a historia vertixinosa dunha muller que, ademais de traballar coas súas mans, pode ser quen de vivir como unha gran señora pola súa capacidade de aprendizaxe e mesmo, cando é preciso, empregar as armas necesarias para matar.  

 Ela é María García, que nace a comezos do século XX nunha aldea de montaña asturiana. Coa imaxinación, co instinto e coa intelixencia, María sorteará os mares bravíos das normas, vencerá atrancos e prexuízos e superará fronteiras físicas, mentais e sociais.  

 A autora Llerena Perozo (Vigo, 1974) conta cunha traxectoria profesional centrada na cultura, no medio ambiente e na igualdade. Publicou tres libros de divulgación, novelas e obras destinadas ao público infantil e xuvenil. É tamén colaboradora regular en medios de comunicación.  

 Esta actividade forma parte da campaña “Que a vergoña cambie de lado. A nosa voz, contra as violencias machistas!” organizada polo Concello de Tui para conmemorar o 25N, o Día Internacional de Eliminación da Violencia contra a Muller.  

 Completando esta programación, este sábado día 30 desenvolverase no Mercado de San Antonio desenvolverase a acción performativa “Corazón” de Iria Sobrado. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario