Día Internacional contra a Violencia contra as Mulleres
Manifestación da Secretaría das Mulleres da CIG
• O luns, 25 de novembro de 2024, ás 12:15 horas, na praza da Peregrina (Pontevedra)
Infogauda / Pontevedra
A Secretaría das Mulleres da CIG desenvolverá este 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia contra as Mulleres, unha manifestación en Pontevedra, que arrincará da biblioteca pública Antonio Odriozola ás 12:00 horas e rematará arredor das 12:15 na Praza da Peregrina, onde se dará lectura a un comunicado e se atenderán os medios de comunicación.
Previamente, entre as 10:00 e as 12:00 horas, delegadas da central sindical de todo o país celebrarán na biblioteca un Encontro Nacional de Mulleres da CIG no que, entre outras cuestións, o Gabinete Técnico Confederal ofrecerá unha palestra sobre identificación e actuación ante as violencias no traballo.
Esta xornada de loita e de formación fai parte da compaña posta en marcha pola Secretaría das Mulleres da central sindical coincidindo co Día Internacional contra a Violencia contra as Mulleres para esixir a erradicación de toda forma de violencia machista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario