Mobilizacións o xoves por un sistema de pensións que permita “vivir con dignidade e sen penurias”
Concentraranse nas sete cidades para exixir que a pensións mínima sexa, por lei, como o SMI o xoves 7 de novembro
Infogauda / Galiza
O colectivo de xubiladas/os e pensionistas da CIG mobilizarase novamente, o vindeiro xoves, día 7 de novembro, nas sete cidades galegas para reclamar que a contía mínima das pensións sexa igual ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI) para poder “vivir con dignidade e sen penurias”.
O colectivo demanda que se fixe por lei a igualación das pensións mínimas e do SMI, que “debería ser de 1.253€, que é o 60% do salario medio, tal e como se recolle na Carta Social Europea”. Mais tamén que se revaloricen conforme o IPC acumulado a final de ano e que se recupere o poder adquisitivo perdido coa introdución, en 2021, do índice do IPC medio. O colectivo exixe ademais a derrogación da reforma das pensións, desde a de 2011 até o último acordo de reforma deste ano que, advertiron que “vai dificultar, aínda máis, o acceso á pensión para moitos traballadores e traballadoras”.
Concentracións
A CORUÑA
11:00 h. Oficina Seguridade Social de San Pedro de Mezonzo. R) Felix Estrada Catoira.
COMPOSTELA
12:00 h. Praza do Toural.
FERROL
11.30 h. diante do INSS (Rúa Catalunya).
LUGO
11.30 h. diante do INSS (Ronda Xosé Castiñeira).
OURENSE
11.30 h. Diante do INSS (Rúa Concello) .
VIGO
11:00 h. nas Travesas (a carón do Centro Comercial Camelias (Praza América).
PONTEVEDRA
11.30 h. Praza da Peregrina.
Ningún comentario:
Publicar un comentario