11 de out. de 2024

VIGO

Concentración no INSS en Vigo polo incumprimento do acordo para a implantación dun Plan de Recursos Humanos na Seguridade Social 

 A mobilización terá lugar o vindeiro luns, día 14 de outubro, de 11:00 a 11:30 horas, da dirección provincial, sita na rúa O Grove 


Foto: Cedida

Infogauda / Vigo

 As organizacións sindicais CIG, CCOO e CSIF convocan para o vindeiro luns, día 14 de outubro, unha concentración diante da dirección provincial do INSS de Vigo (Rúa O Grove, nº 4) para exixir o cumprimento do acordo polo que se establecen as condicións iniciais para a implantación dun plan estratéxico de recursos humanos na administración da Seguridade Social. Acordo asinado  polo Secretario de Estado da Seguridade Social e Pensións, Borja Suárez Corujo, e que, segundo denuncian, el mesmo incumpre. 

 A mobilización convócase logo de que xa se desenvolveran concentracións en Madrid e en León, e que todo indica que continuarán logo da deste luns, diante da persistencia de Suárez Corujo, en incumprir o asinado. 

 Os sindicatos, que representan o 67,81% do persoal público da Administración Xeral do Estado, denuncian as difíciles condicións nas que o persoal da Seguridade Social ten que desenvolver o seu traballo, “soportando un incremento permanente das cargas de traballo, dificultades por constantes modificacións de normativas e novidades na xestión telemática e organizativa.” 

 Un persoal que nestas situacións “realiza o mellor servizo público que pode prestar, con responsabilidade, pero sen ser agradecido nin recoñecido”, afirman. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario