ORPAGU VOLVERÁ A AMOSAR A TÉCNICA DO RONQUEO DO PEIXE ESPADA
• Este mércores, 2 de outubro de 2024, ás 12:00 horas, na caseta de Interfish, en Conxemar (Pavillón 4)
O ronqueo é a arte de despezamento de peixe que usualmente emprégase con atúns pero en moi poucas ocasións co espada
Infogauda / Vigo
A Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu) repite este ano en Conxemar cunha iniciativa que estrearon o ano pasado na feira e que causou sensación pola súa espectacularidade: o ronqueo de peixe espada.
O ronqueo é a arte de despezamento de peixe que usualmente emprégase con atúns pero en moi poucas ocasións co espada. Esta técnica, dirixida principalmente a profesionais de peixarías e industria transformadora, permitirá o aproveitamento integral da especie. O evento, que dará comezo ás 12:00 horas na caseta de Interfish, contará coa participación de Roberto e Juan Francisco Pérez Castro, especialistas nesta técnica
Tras a exhibición haberá degustación de diferentes pratos elaborados polo chef de Chicolino con especies capturadas pola frota da organización.
Lugar: Caseta de Interfish, en Conxemar (Pavillón 4).
Data: mércores, 2 de outubro de 2024.
Hora: 12:00 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario