28 de out. de 2024

DEPORTES

Novo éxito para a escola de base da Sociedade Atlética do Trega - Tomiño

NADIA CONEJO BASCOY E JULIA MARTÍNEZ OZORES SUBIRON AO PODIO, NO CROS INTERNACIONAL DE ATAPUERCA


Nadia Conejo Bascoy - a esq. - no podio da categoría Sub12 feminina
Julia Martínez Ozores - a esq. -, no podio da categoría Sub10 feminina
Compoñentes da expedición da Sociedade Atlética do Trega que desprazouse ata Atapuerca


Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes

 O domingo 27 de outubro de 2024, a serra burgalesa, onde está situado o Centro da Arqueoloxía Experimental (CAREX), acolleu a testemuña do Cros de Zornotza, para celebrar a XX edición do Cros Internacional de Atapuerca. 

 Nese evento deportivo a expedición tomiñesa, tivo dúas atletas novas que se subiron o pódium. Por unha banda, a nivel individual destacaron a guardesa Nadia Conejo Bascoy, que brillou na Sub12 feminina, entrando en meta en 4ª posición; e a rosaleira Julia Martínez Ozores, fíxoo tamén da mesma maneira na Sub10 feminina, conseguindo tamén o 4º posto da categoría. 

 Dese xeito, ambas as dúa atletas subiron ao podio do Cros Internacional de Atapuerca deixando o selo no cadro de gañadores, no palmarés desa prestixiosa competición de campo a través, con categoría de ouro, do circuíto de Word Athletic.

 Este ano a climatoloxía respectou bastante, en comparación con outras edicións precedentes no relativo ao frío e o vento, pero, aínda así, tiveron chuvascos dispersos durante a mañá. Ademais, parte do circuíto tiña bastante auga, deixando un terreo para gozar do espectáculo do barro.  

 Os resultados dos demais integrantes da nosa entidade, sendo tamén marabillosos, foron os seguintes:

 Adela Vasconcellos Rodríguez, en Sub10 feminino: 15ª clasificada.

 Gabriela López Cadilla, en Sub10 feminino: 16ª clasificada.

 Alan de la Fuente Maculewicz, en Sub12 masculino: 20º clasificado. 

 Alba Vasconcellos Rodríguez, en Sub14 feminino: 40ª clasificada.

 Carmen Martínez Ozores, en Sub12 feminino: 43ª clasificada.

 Moitas felicidades a todas/os! 

 A seguir traballando con constancia e ilusión, deixando a marca do noso club, vaia onde vaia, o nivel do bo facer, que ten desde súa fundación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario