22 de out. de 2024

A GUARDA

O Concello da Guarda comeza as visitas aos veciños e veciñas que acadan os 100 anos de vida, ou máis  


Gabriel Portela Santiago, acompañado por membros da súa familia, recibiu no seu fogar, a visita do alcalde de A Guarda e da concelleira de Servizos Sociais

Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 Gabriel Portela Santiago, da parroquia de Salcidos, vén de recibir os parabéns de parte dos guardeses e guardesas coa visita do alcalde, Roberto José Álvarez Carrero, e da concelleira de Servizos Sociais, Mª Isabel Guisande Vila.  

 Gabriel chegou a un século de existencia vital tras unha vida dedicada ao traballo no sector da construcción nunha empresa da Guarda. Con todo, non dubidou en afirmar que non lle importaría repetir fotografía o ano que vén, cando cumpla os 101 anos. 

 Esa é a actitude Gabriel!

Ningún comentario:

Publicar un comentario