22 de out. de 2024

A GUARDA

Iniciadas as obras da reforma integral do bloque 1 do antigo colexio Rodríguez Sinde 

 Para as instalacións das asociacións guardesas

   

O alcalde de A Guarda e membros do goberno municipal nunha visita ás obras 
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda  

 O goberno municipal do Concello de A Guarda fixo público este martes día 22 de outubro de 2024, que "a semana pasada deron comezo as obras para a reforma integral do bloque 1 do antigo colexio Manuel Rodríguez Sinde. O edificio ten un uso cultural para diversas asociacións guardesas, que agora están trasladadas ao outro bloque de forma temporal."  

 Desde o executivo local que preside Roberto José Álvarez Carrero refiren que "o inmoble, que data do ano 1967, precisaba unha reforma integral polo deterioro e as instalacións antigas. Para levar a cabo esta obra, destinaranse 1.038.000€, dos cales máis de 709.000€ son aportación da Xunta de Galicia, e os 328.000€ restantes proveñen do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.  

 Deste xeito, o Concello da Guarda pretende ter para a primavera de 2025 unhas instalacións renovadas para o uso das asociacións guardesas culturais e de diversa índole."

Ningún comentario:

Publicar un comentario