O ALCALDE DA GUARDA PRETENDE TAPAR A CORRUPCIÓN UTILIZANDO A INSTITUCIÓN MUNICIPAL
Grupo municipal do BNG / A Guarda
Roberto Carrero, xustificou onte a súa ignorancia nas irregularidades da anterior xunta directiva da Comunidade de Montes da Guarda en relación cos terreos para o futuro centro integral de saúde (CIS).
Para isto non tivo reparo en utilizar a institución municipal que preside para facer unha declaración institucional, persoal e partidista, feita pública desde as páxinas do PP. Unha falsa declaración institucional, porque para iso precísase a participación da totalidade da corporación municipal.
Oculta, Roberto Carrero e o PP, os anos de denuncias e xuizos contra a anterior xunta directiva da Comunidade de Montes da Guarda, nos que a xustiza rematou botando fóra aos directivos dos seus cargos.
Entre estes cargos están a concelleira do PP Isabel Guisande e o tenente de alcalde, Celso Fariñas, que ocupaban os cargos de tesoureira e secretario, e o ex-presidente da comunidade Manuel Castro “Lolo”, que foi tamén concelleiro do PP, a quen, Roberto Carrero, pretende comprar os terreos.
O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz, recoméndalle ao alcalde que “reflexione e diga a verdade á veciñanza e non manche o nome do Concello da Guarda para ocultar a súa trama e a de parte do seu goberno”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario