A CORPORACIÓN MUNICIPAL DE A GUARDA CELEBRARÁ SESIÓN PLENARIA EXTRAORDINARIA
O día 22 de outubro, ás 8:30 horas, na Casa dos Alonso
Infogauda / A Guarda
Con data 17 de outubro de 2024, o alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero adoptou a seguinte resolución de alcaldía:
Resultando necesaria a rectificación na orde dos puntos da convocatoria de sesión extraordinaria do Pleno da Corporación contida no decreto 2024-1466, de 16 de outubro, así como o cambio da data de celebración do mesmo por imposibilidade de asistencia desta Alcaldía ao mesmo na data inicialmente fixada, e en virtude das facultades que me confire o ordenamento xurídico.
RESOLVO:
Rectificar o contido do Decreto 2024-1466, quedando redactado como segue:
Que se convoque a próxima sesión deste órgano colexiado:
DATOS DA CONVOCATORIA
Tipo Convocatoria: Extraordinaria
Data e hora: 22 de outubro de 2024 ás 08:30
Lugar: Casa do Concello
SEGUNDO. Que se realicen os trámites legais oportunos para levar a cabo a convocatoria e notificación aos membros deste órgano colexiado.
TERCEIRO. Que se fixe a seguinte orde do día:
ASUNTOS DA CONVOCATORIA A) PUNTOS ORDE DO DIA
1. Expediente 2176/2024. PROPOSTA DE ALCALDÍA ACORDO SUPLEMENTO CRÉDITO_CRÉDITO EXTRAORDINARIO Nº 2. M.O. Nº 110.
2. Expediente 2461/2024. PROPOSTA DE ALCALDÍA APROBACIÓN INICIAL ORDENANZA PRÉSTAMO TRITURADORA BIOMASA.
3. Expediente 1856/2024. PROPOSTA DE ALCALDÍA APROBACIÓN EXPEDIENTE LICITACIÓN PISCINA 2024.
4. Expediente 2580/2024. TOMA DE COÑECEMENTO DA RENUNCIA AO CARGO DE CONCELLEIRO PRESENTADA POR DON FERNANDO REYES GONZÁLEZ.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario