18 de out. de 2024

A GUARDA

A Guarda protagonista do programa ‘Gente viajera’ , de Onda Cero   

  Emitirase este sábado 19 de outubro, de 12:00 a 14:00 horas, desde a Casa dos Alonso




Infogauda / A Guarda

 “Gente Viajera”, programa radiofónico de Onda Cero, emitirase - a nivel nacional -, este sábado día 19 de outubro de 2024, desde a vila de A Guarda. Este programa especial realizarase en directo desde a Casa dos Alonso, de 12:00 a 14:00 horas.

 Carles Lamelo e o seu equipo darán a coñecer a nosa vila a todos os oíntes, E ao longo da emisión haberá entrevistas sobre algúns dos temas máis destacados da vila guardesa, a nivel turístico, como o monte Santa Trega, onde os visitantes, ademais dunhas inigualables visitas ao esteiro do río Miño e ao océano Atlántico, poden coñecer o seu estratéxico poboado galaico - con museo arqueolóxico in situ -, un dos enclaves máis visitados de todo o noroeste da Península Ibérica;  a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro; a Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira; ou festivais xa recoñecidos como Mar de Blues e Galifornia, entre outros eventos.  

 O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, tamén participará no programa ofrecendo unha panorámica xeral do turismo na vila guardesa como destino patrimonial, de natureza e gastronómica, facendo fincapé no roteiro xacobeo do Camiño Portugués pola Costa, que desde a veciña vila de Caminha, cruzando o río Miño, entra en Galicia por Camposancos (A Guarda). 

 Ademais, resaltarase a aposta pola programación cultural e deportiva e o apoio as entidades e comisións para dispor dunha variada programación non só durante o verán.   

 O espazo desde onde se emitirá o programa, estará aberto público ata completar a cabida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario