Estrea da versión galega de “Praesagium”
• Este sábado 19 de outubro, ás 20:00 horas, no Centro Cultural
Infogauda / A Guarda
A Guarda acollerá este sábado 19 de outubro de 2024, a estrea da versión galega da película “Praesagium”. A proxección comezará ás 20:00 horas no Centro Cultural.
Esta película amateur conta coa interpretación de mozos e veciños da Guarda: Anxo Aldea, Xiana Aldea, Juanjo Aldea e Sofía González. Ademais foi rodada parcialmente na nosa vila.
A trama trata a historia dunha moza que ten unha premonición recorrente sobre outra moza moi parecida a ela, pero do século XVI.
Como particularidade, esta película gravouse tanto en castelán coma en galego de forma simultánea. E nesta ocasión, proxectarase a versión galega.
Contarase coa presenza de parte do equipo artístico da película.
A entrada será de balde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario