“Móllate polos ríos”
O PROXECTO RÍOS COORDINA A XVII LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS EN 56 CONCELLOS DE TODA GALIZA
• A Asociación Forestal e de Educación Ambiental “A Jalleira” en colaboración co Concello do Rosal e ca asociación ADEGA, realizará a coordinación da limpeza no tramo apadriñado pola nosa asociacion no río Tamuxe
Asociación “A Jalleira” / O Rosal
A XVII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” celebrarase este ano en 56 concellos de toda Galiza, e participarán máis de 70 entidades (asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas, centros de ensino…). A limpeza será o 29 de setembro e mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.
A Asociación Forestal e de Educación Ambiental “A Jalleira” en colaboración co Concello do Rosal e ca asociación ADEGA, realizará a coordinación da limpeza no tramo apadriñado pola nosa asociacion no río Tamuxe. O punto de encontro será no Muiño das Aceñas ás 09:45h.
Ubicación do Muíño das Aceñas.
A actividade está aberta a todos os públicos.
Todas as persoas interesadas en participar poderán inscribirse enviando un correo electrónico a: ajalleira@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario