23 de set. de 2024

DEPORTES

PIRAGÜISMO

O TEIXUGO MANU OCHOA, PECHA A UNHA TEMPADA HISTÓRICA NA COPA DO MUNDO DA SEU


Manu Ochoa
Foto: Marc Etxaniz

Informa: Rosa Fernández Carrera / Deportes

 Ao longo desta semana estívose celebrando na canle da Seu D´Urgell a Copa Final do Mundo de Slálom e Caiac Cross, competición coa que se pecha a tempada internacional destes deportes. Nela estivo Manu Ochoa, do Club Deportivo Miño-Teixugos, como parte do equipo español.  

 Comezou a súa participación o xoves, na modalidade de slálom, coas clasificatorias nas que acadou praza nas semifinais no primeiro intento. Xa nas semifinais, fixo unha boa baixada, pero non conseguiu estar entre os dez primeiros, quedando fóra das finais. Rematou vixésimo cuarto dun total de sesenta e seis deportistas.   

 O domingo foi o día para o caiac cross, Manu empezou moi ben na contra reloxo ao acadar o quinto posto, a tan só medio segundo do primeiro clasificado. Este gran tempo permitiulle encabezar a súa eliminatoria, que gañou con facilidade. Non tivo tanta sorte en cuartos de final, pois unha loita na porta un o deixouno en último lugar da súa serie. Rematou esta Copa do Mundo en décimo cuarto lugar.  

 Remata aquí unha gran tempada para o teixugo Manu Ochoa, na que fixo historia ao gañar unha praza olímpica e na que demostrou atoparse entre os mellores do mundo da modalidade de caiac cross, modalidade que está gañando cada vez máis adeptos.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario