26 de maio de 2024

DEPORTES

ATLETISMO

Grandes resultados para a Sociedade Atlética do Atletismo Trega (Tomiño) 

No provincial de Xogade benxamín, alevín e infantil, conseguindo 4 medallas individuais e bronce para o equipo mixto de 40x 60m alevín mixto


Alan de la Fuente, Nadia Conejo, Adela Vasconcellos e Julia Martínez. (medallistas individuais)
Sergio Silva Souto - a esq. - logrou medalla de prata na proba de 1.000 metros lisos

Sociedade Atlética do Trega / Redacción  Deportes

 Este pasado sábado 25 de maio de 2024, en Balaídos (Vigo) celebrouse o Campionato Provincial Xogade en pista, onde a actuación dos benxamin – alevíns sería en sesión de mañá e a dos infantís pola tarde. 

 Os nosos pequenos atletas da base, conseguiron 4 medallas individuais, sendo a cargo de: 

 Alan de la Fuente Maculewicz, medalla de prata en salto de lonxitude, conseguindo saltar 3,74 metros (alevín). 

 Adela Vasconcellos Rodríguez, ouro en 400 metros parando o crono en 1´15"91 (alevín). 

 Julia Martínez Ozores, prata en 400 metros conseguindo unha marca de 1´16"14 (alevín). 

 Nadia Conejo Bascoy, ouro en 500 metros obtendo un rexistro de 1´30" 63 (alevín). 

 Alan de la Fuente, Carmen Martínez, Xoel Pérez e Nadia Coello, bronce en 4x60m mixto (alevín) cun tempo de 35"31.

 Con estes resultados Nadia e Alan conseguiron dobrete nas dúas probas, individual e mixta. 

 E para finalizar a xornada, cunha sesión de tarde pasada por auga, tocoulle aos infantís. O único que conseguiu medalla foi Sergio Silva Souto, que fíxose coa prata na proba de 1.000 metros lisos, parando o crono en 3´11" 02.  

 Felicidades!

Ningún comentario:

Publicar un comentario