REMO
A TRIPULACIÓN XUVENIL FEMININA, DO CLUB DE REMO ROBALEIRA, CAMPIOA DE ESPAÑA DE TRAINEIRIÑAS 2024
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Esta fin de semana - sábado 25 e domingo 26 de maio de 2024 - vén de celebrarse en augas de Meira - Moaña, o LXXVII Campionato de España de Traineiriñas.
O Club de Remo Robaleira, de A Guarda, participou con dúas embarcacións. Unha na categoría xuvenil feminina e outra na categoría absoluta feminina.
Na categoría xuvenil feminina, a tripulación do Club de Remo Robaleira, que na semana precedente lograra alzarse co Campionato de Galicia de Traineiriñas, nesta ocasión impúxose tamén as tripulacións rivais - que na regata final, foron neste caso Club de Remo Valle de Camargo, Hernaniko Arraun Elkartea, e Club de Regatas Perillo -, logrando a embarcación de Robaleira os seguintes tempos: 1ª virada: 03:47; 2ª virada: 07:38; 3ª virada: 11:41. O tempo final foi de 15:34,93.
En segunda posición entrou en liña de meta a embarcación do Club de Remo Valle de Camargo, con 3:52; 07:43 e 11:57, na 1ª, 2ª e 3ª virada, respectivamente, facendo un tempo final de 15:39,49.
A terceira posición foi para e embarcación do Hernaniko Arraun Elkartea, con 03:52; 07:52 e 12:07, na 1ª, 2ª e 3ª virada, respectivamente, facendo un tempo final de 16:03,69.
En cuarta posición entrou a embarcación do Club de Regatas Perillo, con 04:04; 08:16 e 12:50, na 1ª, 2ª e 3ª virada, respectivamente, logrando un tempo final de 17:00,40.
En definitiva, a tripulación do Club de Remo Robaleira, formada por Tecla Baz Baz, Nerea Dorna González, Esther Dorado Acevedo, Claudia Dorado Acevedo, Claudia Dorna González, Tania Dorado Acevedo, e Uxía Fernández Videira (patroa), proclamouse campioa de España de traineiriñas, 2024.
Na categoría absoluta feminina, na que houbo seis embarcacións, todas elas de Galicia, a clasificación quedou do seguinte xeito: 1º posto: Club Remo Chapela; 2º posto: S. D. Tirán; 3º posto: C.R. Cabo de Cruz; e 4º posto: Club de Remo Mecos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario