CICLISMO
PRESENTADA A II VOLTA CICLISTA Ó BAIXO MIÑO
• Disputarase o vindeiro día 2 de xuño de 2024, con saída e meta no Monte Santa Trega
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Na mañá de hoxe foi presentada na Casa do Concello de A Guarda, a II Volta Ciclista ó Baixo Miño, para ciclistas federados das categorías Elite e Sub-23, puntuable para á Copa Galicia de ciclismo en estrada e para a clasificación nacional.
O acto de presentación estivo presidido polo alcalde de A Guarda e membros do Goberno municipal, coa asistencia de membros da organización.
O evento deportivo, organizado polo Ciclismo Oiense A.R. e os Concellos de Oia, A Guarda, O Rosal Tomiño e Tui, coas colaboracións de varias entidades institucionais (Xunta de Galicia, Deporte Galego, Deputación de Pontevedra,...) e comerciais; celebrarase o vindeiro día 2 de xuño, con saída ás 10:00 horas desde o Monte Santa Trega (A Guarda) e meta - arredor das 13:15 horas - no mesmo enclave, logo de percorrer 128 km. polas estradas do Baixo Miño, sendo o Alto de san Antoniño e o de Torroña, con 9 e 7 km, respectivamente de ascensión, os enclaves de maior dureza do itinerario previsto.
O prazo de inscrición - mediante formulario na páxina web da Federación - pecha o día 25 de maio de 2024 ás 23:59:59 horas. Permítense as inscricións fora de prazo ata o 30/05/2024 ás 15:00 horas, pagando unha penalización de 30€.
A recollida de dorsais será o día 2 de xuño, de 8:30 ata 9:30 horas.
En todo caso, o límite de participantes está establecido en 200 ciclistas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario