8 de maio de 2024

DEPORTE

A Xunta de Galicia inviste máis de 62.000 nos clubs deportivos do Baixo Miño

 O delegado territorial visitou o Club Kayak Tudense que foi un dos grandes beneficiados destas axudas


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o Club Kayak Tudense
Foto: X.G.

Infogauda / Tui

 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o Club Kayak Tudense, que foi un dos grandes beneficiarios das axudas a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento especializado de Galicia que concedeu a Xunta o pasado mes de abril.  

 En concreto, este club afincado no concello de Tui recibiu máis de 33.000 euros sumando a achega da liña A, dirixida a potenciar o desenvolvemento da actividade deportiva, e a liña B, dirixida aos núcleos de adestramento deportivo especializado.  

 Cabe destacar que estas axudas beneficiaron a preto de 250 clubs da área territorial de Pontevedra, 24 deles con base nos concellos da comarca do Baixo Miño. A Xunta investiu así preto de 355.000 euros no fomento do deporte na área territorial de Pontevedra, dos cales máis de 62.500 quedaron nos clubs desta comarca.  

 O delegado territorial aproveitou a visita para comprobar o bo estado das instalacións do Club Kayak Tudense e para sinalar a importancia de “seguir fomentando as actividades deportivas, tanto dende as administracións públicas, como a través do propios clubs”. Reguera finalizou a visita lembrando que “a Xunta continua a traballar en iniciativas que faciliten o traballo das entidades deportivas e das familias, que son os dous piares fundamentais para construír unha sociedade máis deportista e, polo tanto, máis saudable”.  

Entidades do Baixo Miño beneficiadas por estas axudas

 No Baixo Miño, as entidades beneficiadas por estas axudas foron, ademais do Club Kayak Tudense, o Quinta de Tui Futsal; Asociación Deportiva Tomiño Alevín e Infantil; Asociación Recreativa Ciclismo Oiense; C.D. Ribadelouro; Club Bádminton Tui; Club Balonmán Tui; Club Ciclista O Rosal; Club Deportivo Caldelas; Club Deportivo Hípico Equigalia; Club Deportivo Miño; Club Náutico Inclusivo Baixo Miño; Club Náutico San Telmo; Club Piragüismo Penedo; Club Remo do Miño; Club Ximnasia e Auga Tui; Goián, F.C.-Tomiño; Oiense C.F. Santa María de Oia; Sociedade Atlética do Trega; Sociedade Deportiva Atlética Novás - O Rosal; Spartan Team Tomiño; Tomiño F.C. Feminino; Tyde, F.C; e o Unión Deportiva Ribera.

Ningún comentario:

Publicar un comentario