Os Socialistas de Oia iniciaron o reparto de máis de 3.000 máscaras de protección fronte á Covid-19 entre os veciños
• O custo desta acción é sufragado pola Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Oia
Gerardo Rodríguez Refojos e Elena Álvarez Pérez, concelleiros do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, repartindo máscaras de protección á veciñanza de Oia
Infogauda / Oia
Os Socialistas de Oia iniciaron o pasado sábado día 21 de novembro o reparto das máis de 3.000 máscaras de protección fronte ao Covid-19, mercadas pola Agrupación Local do PSdeG-PSOE, para todos os veciños.
Deste xeito os Socialistas de Oia queren "contribuir a mellorar a prevención e a saúde dos nosos conveciños ante a pandemia da Covid-19, mediante un reparto que ten lugar de xeito totalmente gratuíto polas diferentes parroquias e barrios do municipio de Oia".
Os veciños que o desexen, tamén poden recoller as súas máscaras de protección na sede dos Socialistas de Oia, na estrada PO-552 (ao carón da que fora sucursal do Banco Pastor), os martes e mércores de 9:00 a 10:00h e de 18:00 a 19:00h, e os xoves e venres de 18:00 a 19:00h.
"Esta proposta foi moi ben recibida por moitos veciños que xa teñen nas súas mans as súas máscaras de protección", dixo Gerardo Rodríguez Refojos, concelleiro portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Oia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario