23 de nov. de 2020

DEPORTES

ATLETISMO

MILU RODRÍGUEZ BAZ, DE A GUARDA, MEDALLA DE OURO NO CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA EN PISTA AO AIRE LIBRE 

Na categoría Máster 45

 

Milu Rodríguez, no centro do podio coa medalla de ouro lograda no Campionato Galego de Marcha de pista no inverno

 

Informa (fotografías e redacción): Sociedade Atlética do Trega

 A marchadora guardesa María Emilia Rodríguez Baz (Milu), do club Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño, vén de conquerir a medalla de ouro no XVIII Campionato de Galicia de Marcha en Pista ao Aire Libre, na categoría Máster 45.

 O evento deportivo tivo lugar na mañá do domingo día 22 de novembro nas pistas do Centro Galego de Tecnificación de Pontevedra, na que a cidade do Lérez foi o epicentro da celebración  do XVIII Campionato de Galicia de Marcha en Pista ao Aire Libre, onde un ano máis, nosa atleta partiu como clara favorita ao título na súa categoría, saíndo coa mellor marca mínima, na proba dos 5.000 metros lisos, onde unificaron as categorías absoluta e máster. 

 Cun rexistro de 28' 51'' 88, Milu Rodríguez Baz entrou 4ª clasificada na xeral absoluta, sendo a 1ª clasificada da súa categoría, conseguindo o título autonómico Máster 45 feminino. 

 

Milu Rodríguez Baz tras lograr a medalla de ouro, amosando o distintivo do Concello de Tomiño, patrocinador do club Sociedade Atlética do Trega

 

 Queremos informar que con toda probabilidade nosa atleta estará no X Campionato de España de Marcha de Inverno de Promoción, que está previsto celebrarse o vindeiro día 6 de decembro de 2020, en Getafe (Madrid). 

 Moitas felicidades. A continuar así!

Ningún comentario:

Publicar un comentario