21 de nov. de 2020

A GUARDA

A COMISIÓN DE ASUNTOS ECONÓMICOS CELEBRARÁ SESIÓN ORDINARIA

O luns día 23 de novembro, ás 8:30 horas, na Casa do Concello

Unha hora despois, celebrarase unha sesión da Comisión de Asuntos Plenarios

 

                                           Casa do Concello de A Guarda

 

Infogauda / A Guarda

 O alcalde do Concello de A Guarda, Antonio Lomba Baz, convocou aos membros da Comisión de Asuntos Económicos, para unha sesión ordinaria que se celebrará o luns día 23 de novembro, ás 8:30 horas, na Casa do Concello. Os asuntos da convocatoria son os seguintes:

1.Aprobación da acta da sesión ordinaria celebrada o 18.09.2020 

2.Expediente 2347/2020. PROPOSTA ALCALDÍA APROBACIÓN INICIAL SUPLEMENTO CRÉDITO 3/ 2020 

3.Expediente 1463/2020. PROPOSTA DESESTIMACIÓN DE ALEGACIÓNS E APROBACIÓN DEFINITIVA MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR OUTORGAMENTO DE LICENCIA DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS 

4.Expediente 2145/2020. PROPOSTA ALCALDÍA APROBACIÓN RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO 3/ 2020 

5.Expediente 531/2018. DAR CONTA DECRETO RECOÑECEMENTO SUBVENCIÓN 2019 RESTABLECEMENTO EQUILIBRIO ECONÓMICO PISCINA MUNICIPAL 

6.ROGOS E PREGUNTAS 

SESIÓN DA COMISIÓN DE ASUNTOS PLENARIOS 

 Asemade, o alcalde do Concello de A Guarda, tamén convocou aos membros da Comisión de Asuntos Plenarios, para unha sesión ordinaria que se celebrará o luns día 23 de novembro, ás 9:30 horas, na Casa do Concello. Os asuntos da convocatoria son os seguintes:

1.Aprobación da acta da sesión ordinaria celebrada o 18.09.2020 

2.Expediente 1919/2020. PROPOSTA ALCALDÍA COMPATIBILIDADE DAVID DOCAMPO VILAR 

3.Expediente 2659/2019.PROPOSTA ALCALDÍA DECLARACIÓN DESERTA LICITACIÓN EXPLOTACIÓN CAFETERÍA ESTACIÓN MARÍTIMA 

4.Expediente 2582/2020. PROPOSTA ALCALDÍA APROBACIÓN PLAN DE ACCIÓN POLO CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE (PACES) 

5.Expediente 2526/2020. PROPOSTA ALCALDÍA MODIFICACIÓN HORARIO PISCINA MUNICIPAL 

6.Expediente 2587/2020. MOCIÓN PRESENTADA POR CONVERXENCIA GALEGA E TITULADA "HONRAR A QUE HONROU, HONRA" 

7.Expediente 2522/2020. MOCIÓN PRESENTADA POLO GMS SOBRE Á SANIDADE

8.Expediente 2588/2020. MOCIÓN PRESENTADA POLO BNG SOBRE A PROLONGACIÓN AO ANO 2021 DO DÍA DAS LETRAS DEDICADO A CARVALHO CALERO 

9.Expediente 2585/2020. MOCIÓN PRESENTADA POLO GMS PEDINDO AO GOBERNO GALEGO A REVERSIÓN DA TITULARIDADE DOS TERREOS PORTUARIOS AOS CONCELLOS 

10.Expediente 2589/2020. MOCIÓN PRESENTADA POLO BNG SOBRE A REACTIVACIÓN DA ASISTENCIA SANITARIA 

11.Expediente 2630/2020. MOCIÓN PRESENTADA POLO BNG CON MOTIVO DO 25 DE NOVEMBRO 

12.Expediente 2644/2020. MOCIÓN PRESENTADA POR GMS CON MOTIVO DO 25 DE NOVEMBRO 

13.ROGOS E PREGUNTAS 

Ningún comentario:

Publicar un comentario