ASFALTADO NOS CAMIÑOS DE SUBIDA A MARTÍN E PICÓNS DE ARRIBA
A alcaldesa Ánxela Fernández Callís e o concelleiro Germán Fernández Rodríguez, supervisando os traballos na subida a Martín e nos Picóns de Arriba, en Eiras
Fotos: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
O executivo municipal do Concello do Rosal deu conta que na subida a Martín e nos Picóns de Arriba, en Eiras, realizáronse labores de asfaltado por un importe total de 42.426,10 euros con fondos que o goberno actual decidiu reinvestir dos proxectos do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.
Estas melloras realizáronse, segundo indica a alcaldesa Ánxela Fernández Callís, co obxectivo de mellorar o estado no que se atopaban estas vías e así atender ás peticións dos veciños e veciñas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario