O Concello convida a ofertantes e demandantes de emprego ao uso do Portal de Emprego
Captura de pantalla do portal do Emprego
Foto: C.A.G.
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, a través das Concellerías de Xuventude e Formación, relembra que “coincidindo coa Feira do Emprego e Formación Ecoimaxín puxo en funcionamento no pasado mes de outubro, o portal do Emprego www.empregonarede.gal , un espazo en internet para conectar ás empresas e organismos que precisen persoal coas persoas desempregadas que andan na procura de emprego”.
Este espazo, que funciona de xeito totalmente gratuíto, permite inserir ofertas laborais organizadas por sectores de actividade económica, facilitando aos demandantes de emprego as súas pesquisas e servindo de canle de comunicación bidireccional.
Este portal web conta cun mapa de localización de empresas, onde se poden situar xeográficamente as entidades que ofertan emprego, permitindo ademais segmentar as ofertas por palabras clave, data de publicación, tipo de xornada laboral, sectores, etc.
O proxecto do portal de emprego www.empregonarede.gal xa foi presentado a diversas institución, organismos e empresas da comarca do Baixo Miño coma, a empresa A Rosaleira, o Taller de Emprego de Tui, a Asociación de Comerciantes de Tomiño (ADETO), a Organización de Palangreros Guardeses (ORPAGU), Cruz Vermella Baixo Miño, entre outras.
Este proxecto está patrocinado polo Concello de A Guarda e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Xunta de Galicia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario