O Concello da Guarda celébrao cunha xornada de observación de estrelas
Infogauda / A Guarda
O vindeiro sábado día 29 de setembro o Concello da Guarda, a través do Departamento de Turismo, organiza unha noite de observación de estrelas dende o alto do Monte Terroso, na parroquia de Salcidos.
Os participantes terán que ir provistos dunha lanterna e acudir ata a Casa Forestal do Torroso ás 21:00 horas para, dende alí, iniciar unha pequena andaina duns 2 km de lonxitude ata o Alto do Monte Torroso, onde se fará a observación de estrelas.
Para participar nesta actividade é preciso realizar unha inscrición previa no enderezo electrónico turismo@aguarda.es ou chamando ao 986614546, data límite ata este venres 28 de setembro.
No caso de que o ceo non estea despexado a actividade trasladarase a unha nova data.
Esta actividade realízase en conmemoración do Día Mundial do Turismo, que ten lugar o 27 de setembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario