25 de set. de 2018

A GUARDA

Espectáculo de teatro para bebés 

· Este sábado día 29 de setembro, no Centro Cultural  da Guarda  


Infogauda / A Guarda

 O sábado 29 de setembro o salón de actos do Centro Cultural da Guarda acolle a sesión de teatro «Zapatos», recomendada para bebés de entre 1 e 4 anos, que correrá a cargo de Caramuxo Teatro e que está enmarcada no programa Cultura no Camiño.  
 A sesión de teatro terá lugar ás 18:00 horas, sendo preciso retirar previamente as entradas no Centro Cultural en horario de 10:00 h. a 13:00 h .e de 17:00 h. a 20:00 h.  

 Cultura no Camiño desenvolve este ano a súa sexta edición, organizado entre a A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia implicando a un total de 103 concellos situados nas rutas xacobeas para despregar unha interesante carteleira a través da que a nosa produción escénica e musical sae ao encontro dos espectadores galegos, dos peregrinos e de todos cantos nos visitan nestas datas.  

 Un total de 342 actuacións de teatro, música, danza, maxia e novo circo a cargo de 146 formacións artísticas galegas configuran esta axenda.  

 Sobre a obra de teatro Zapatos 

 ¿Que pasa con todos eses Zapatos que xa ninguén usa? Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores.  

 Unha rapaza é a encargada de coidalos, de darlle a a benvida ó lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde compartir emocións coas belas bailarinas, con Pechecho e os seus irmáns, cós namorados, có Sol e a Nube, e con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos. "Zapatos" narra tódalas historias, que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.

Ningún comentario:

Publicar un comentario