3 de mar. de 2018

SALCEDA DE CASELAS

SANTIAGO RODRÍGUEZ DAVILA, VOCEIRO DO PARTIDO POPULAR, AFIRMA QUE O INFORME NON VALIDA E NON DA CONFORMIDADE A FACTURA DE ABRIL DE 2017 DE ‘REPARACION’ DE MUROS EN PICOÑA  

O voceiro popular sinala que o informe acredita muros de nova construcción no ano 2015, non reparacións”.  

Rodríguez Davila engade: Esa factura é presuntamente falsa polo concepto da mesma, terxiversa a realidade do executado según o informe


Santiago Rodríguez Davila, voceiro do Partido Popular do Concello de Salceda de Caselas

Infogauda / Salceda de Caselas

 Santiago Rodríguez Davila, voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, deixou ben claro que o informe entregado na tarde-noite do xoves, (informe que conseguiu o Grupo Popular porque asistiron a xuntanza do alcalde cos provedores, a cal o o rexedor do pobo non nos convidou, polo que nos entregaría dito informe no mesmo pleno) “non valida nin da conformidade a factura con data 3 de abril de 2017 de ‘reparacións’ de muros en Pedrapinta -Picoña-, xa que o mesmo non fai mención a esas supostas reparacións, senon ás nova construcción realizada en 2015”. O grupo Popular entende que por un lado, recoñecen que non se fixeron as reparacións dos muros en 2017 e. por outro, que a factura refírese os novos muros construidos no ano 2015”, polo que os concelleiros/as  populares denuncian a “intención do alcalde de querer colar unha factura presuntamente falsa no seu concepto, o non ser real o que nela se di, mesmo non existindo unidades de execución, prezo das mesmas, material empregado,…e todo asinado e conformado polo concelleiro de vías e obras co visto bo do alcalde”.
  
Factura de reparación muros en Pedrapinta - Picoña

 Rodríguez Davila denunciou onte no pleno que “o alcalde e o seu equipo de goberno, pretendían que este grupo dera por bo un informe no cal as mesmas fotos que o integran, demostran que son muros construidos no ano 2015 e nada ten que ver cas reparacións que se mencionan na factura que pretenden pagar”, polo que as dúbidas  que tiña o grupo popular confirmáronse con este informe o certificar o xa expresado anteriormente, “nada de reparacións e si nova construcción no ano 2015 que tendrían que estar no capítulo de inversión dos orzamentos”.  

 Asemade pregúntanse o motivo da tardanza en facturar, dous anos despois, “o porqué de presentar e pretender colar unha factura cun concepto falso cando xa no ano 2016 presentouse e pagouse unha factura de muros en ese mesmo lugar por importe de 13.500 € que xa excedía o orzamentado do proxecto orixinal de 44.300 €”.
           
Solicitude de informe técnico presentado por Santiago Rodríguez Davila, voceiro do Grupo Popular

 Con estas cantidades, os populares salcedenses queren manifestar que a súa  laboura de fiscalizar o goberno, está a dar os resultados de despatar artimañas, e moi fácil darse conta que unha obra que inicialmente tiña un orzamento de 44.300 € pasou a custar, (salvo que aparezan novas facturas) 85.700 € (44.300+13.500+27.900), un 90% máis, claro que se fixo en plena campaña electoral de 2015 e todo valía” recrimina ó actual alcalde, Marcos Besada de demostrar absoluta irresponsabilidade na xestión do Concello e desemparo ós provedores.   




Informe técnico muros en   Pedrapinta - Picoña

 No pleno de onte, quedou moi claro a solución ó problema de pago a provedores, dando dúas alternativas concisas, “separar esa factura para poder pagar as restantes, e que se modifique esta, tanto o seu concepto, recoñecendo que son os muros de nova construcción do ano 2015, que a suma de todas as facturas emitidas dende 2015 ata esta última coincidan co alí executado, tanto no importe como nos metros construidos, asinada polo concelleiro de área e o visto bo do técnico”, explicou Rodríguez Davila diante de veciños/as que asistiron a sesión plenaria.  

 En canto a excusa da perda da subvención que manifesta o goberno, os populares manifestan que, “teñen ata o 31 de marzo para xustificar, se o alcalde quere, pode solucionar o probema que él creou, ten marxe suficiente para ser sensato e responsable, recordándolle que é o goberno o que pode e debe mudar as cousas.  

 Os populares queren amosar o seu agradecemento ós provedores pola súa comprensión respeto da postura fiscalizadora, xa que en conversas con moitos deles, “incluso visitamos a casi todos os afectados con negocio en Salceda, entenderon perfectamente que o diñeiro é de todos, e polo tanto que ten que estar moi clariño ónde e para qué conceptos se destina”, remata o voceiro popular.

Ningún comentario:

Publicar un comentario