2 de mar. de 2018

O ROSAL

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda supervisou hoxe estas actuacións que incrementarán a seguridade viaria 

Ethel Vázquez avanza que as obras de mellora da estrada PO-353, no treito entre Pancenteo e Marzán, rematarán no verán, cun investimento de 1,2 millóns de euros 

A Xunta está actuando nun tramo de máis de 2,2 km que beneficia a unha zona transitada e con vivendas co obxectivo de acadar unha mellora na accesibilidade, tanto para os vehículos como para os peóns

Explica que os traballos dan continuidade aos executados na travesía de Pancenteo, xa que permitirán anchear a estrada ata os 7,5 metros, ampliar as beirarrúas, renovar a sinalización existente e mellorar o firme  

Subliña que con este proxecto se reforza a seguridade das interseccións existentes e aumenta a comodidade da circulación ao ampliar o radio das curvas  

Engade que tamén se habilitará unha senda peonil fóra do tramo da travesía de Pancenteo, na parte final da actuación, unindo co lugar de Marzán, que posibilitará separar o tráfico peonil do rodado

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto coa alcaldesa do Rosal, María del Carmen Alonso, supervisou hoxe as obras de mellora da estrada A Guarda- Fornelos (PO-353), no treito entre Pancenteo e Marzán

Infogauda / O Rosal

 A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto coa alcaldesa do Rosal, María del Carmen Alonso, supervisou hoxe as obras de mellora da estrada A Guarda- Fornelos (PO-353), no treito entre Pancenteo e Marzán, que estarán rematadas no verán, cun investimento de 1,2 millóns de euros.  

 A Xunta está actuando nun tramo de algo máis de 2,2 km que beneficia a unha zona moi transitada e con moitas vivendas destes dous lugares co obxectivo de acadar unha mellora na seguridade viaria e tamén na accesibilidade, tanto para os vehículos como para os peóns.  

 Vázquez Mourelle explicou que os traballos dan continuidade aos executados na travesía de Pancenteo, xa que permitirán anchear a estrada ata os 7,5 metros, ampliar as beirarrúas, unha nova cuneta de seguridade revestida e rede de colectores, a renovación da sinalización existente e a mellora do firme.  

 Trátase de accións de mellora da seguridade viaria tanto para os vehículos como para os peóns neste treito da estrada PO-353 coas que se reforza a seguridade das interseccións existentes, aumenta a comodidade da circulación ao ampliar o radio das curvas.  

 Habilitarase tamén unha senda peonil fóra do tramo da travesía de Pancenteo, na parte final da actuación xa unindo co lugar de Marzán, que posibilitará separar o tráfico peonil do rodado, garantindo aos veciños que se desprazan a pé unha mobilidade máis segura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario