O BNG apoia a manifestación feminista deste domingo previa á folga feminista do 8 de marzo
Beatriz Lomba Rodríguez, portavoz de acción feminista do BNG: "Ante a desigualdade e a violencia contra as mulleres non caben medias tintas”
Beatriz Lomba Rodrígue, portavoz de acción feminista do BNG no Baixo Miño
Infogauda / O Baixo Miño
O BNG apoia a mobilización feminista nacional deste domingo 4 de marzo que se celebrará na cidade de Vigo. No Baixo Miño a portavoz de acción feminista do BNG, Beatriz Lomba Rodríguez, fixo de voceira para anunciar o apoio a este manifestación previa á folga feminista do 8 de marzo. “Temos que mandar unha mensaxe clara e provocadora, capaz de xerar debate e remover a conciencia, porque ante a desigualdade e a violencia contra as mulleres non caben medias tintas”, dixo Beatriz Lomba.
Cartaz do BNG da campaña do 8 de Marzo Día Internacional da Muller
A súa vez o BNG lanza a campaña do 8 de Marzo Día Internacional da Muller que nesta ocasión aposta por romper co políticamente correcto para mandar unha mensaxe clara e provocadora, capaz de xerar debate e remover a conciencia, “porque ante a desigualdade e a violencia contra as mulleres non caben medias tintas”, en palabras da portavoz de acción feminista no Baixo Miño, Beatriz Lomba.
Lomba sinalou: “As mulleres ímonos mobilizar porque ademáis de todo o que esta acontecendo coa violencia machista, a fenda salarial, súmanse cuestións indignantes como as declaracións do presidente do Estado, Mariano Raxoi, que cando lle preguntaron sobre a discriminación salarial das mulleres responde literalmente no nos metamos en eso. Ou as campañas paternalistas e cousificadoras da Xunta toda unha mostra do neomachismo que retrata a visión que o PP ten das mulleres”.
No Baixo Miño, o BNG fai un chamamento á participación nas mobilizacións previstas de cara ao Día internacional da Muller, empezando pola manifestación do domingo día 4 en Vigo e seguindo pola folga laboral do 8M, “que se note nos centros de traballo, que se note no consumo e que se note nas casas”, instou a portavoz de acción feminista do BNG na comarca, “porque o mundo non pode funcionar sen as mulleres, pero as mulleres non queremos seguir funcionando con desigualdade”, concluíu.
Ningún comentario:
Publicar un comentario