3 de mar. de 2018

MADRID

PREVISIÓN DE ACTOS NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA 

PARA A SEMANA DO LUNS 5 AO VENRES 9 DE MARZO DE 2018   


Luns, 5  
19:30 horas 

 A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a inauguración da mostra de pintura "MÍTICOS NON LEITO", de J. Méndez “Pitelos", unha parte dunha ampla colección figurativa que retrata diferentes personaxes mitolóxicos inspirados en persoas vinculadas á interpretación e ás Artes Dramáticas, con certas doses de surrealismo combinadas con pinceladas de humor absurdo. A exposición poderá visitarse ata o 30 de marzo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas os día laborais. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.   

Xoves, 8  
19:30 horas 

 Homenaxe en memoria do escritor, pintor e cineasta, Juan A. Cadenas (Ferrol, 1943-Madrid, 2017). A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá este acto no que amigos e familiares lembrarán ao polifacético profesional, profesor, actor de teatro, cinema, TV e radio, director e crítico de teatro, ensaísta de teatro e cinema, guionista de cinema, vídeo e Tv, artista plástico... 

 Intervirán, o escritor e crítico literario Vicente Araguas; o actor e realizador cinematográfico Joaquín Monje; e José Ignacio Cadenas, poeta e irmán do homenaxeado. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario