“A RENUNCIA DE JESÚS MARÍA FERNÁNDEZ PORTELA ABRE UNHA NOVA ETAPA NO ROSAL”
Así o ven de afirmar Ánxela Fernández, concelleira portavoz do BNg no Concello rosaleiro
Ánxela Fernández Callís, concelleira portavoz do BNG do Rosal
Foto: BNG
Infogauda / O Rosal
Cumplindo o que no seu día había afirmado, que cando acadase á idade de xubilación deixaría súa actividade política, Jesús María Fernández Portela, que o longo de cáseque 28 anos foi membro da Corporación Municipal do Rosal, desenvolvendo súa labor como concelleiro de Cultura o longo de dúas lexislaturas (oito anos), as que hai que sumarllle cáseque outras cinco (no vindeiro mes de maio serían uns 19 anos), nas que exerceu como alcalde; presentou súa renuncia o cárrego e tamén a súa acta como membro da Corporación Municipal do Rosal.
Desde o BNG do Rosal consideran que “coa renuncia de Jesús Mª Fernández Portela péchase un ciclo tras 19 anos á fronte do goberno local”.
Desde o BNG do Rosal consideran que “coa renuncia de Jesús Mª Fernández Portela péchase un ciclo tras 19 anos á fronte do goberno local”.
“Á marxe das discrepancias políticas sempre tentamos facer unha oposición construtiva, positiva, responsable e respectuosa. Suso tivo a confianza da veciñanza para liderar o goberno local durante todo este tempo, polo que merece o máximo respecto e recoñecemento pola nosa parte. Desexámoslle o mellor neste novo camiño que comeza”, afirma Ánxela Fernández Callís, concelleira portavoz do BNG do Rosal.
“Á nova alcaldesa, Mari Carmen Alonso, queremos transmitirlle a nosa disposición ó diálogo xa que queda moito por facer. Dende o BNG do Rosal levamos moitas lexislaturas defendendo o proxecto de recuperación da entorna do Calvario para as persoas, coa continua oposición do PP. Agora temos a oportunidade histórica de facelo realidade grazas ó traballo do BNG na Área de Mobilidade da Deputación de Pontevedra. O próximo paso para facelo efectivo é tarefa da nova edil.
Apoiar o mercado local dinamizando o comercio, promover a participación e a involucración cidadá no Concello, promover e poñer en valor a música e a cultura, o deporte, o noso patrimonio e o noso monte, ou a consecución dunha liña de transporte pública para os mozos e mozas do Rosal que cursan os seus estudos no centro de destino do IES A Sangriña, son algunhas das propostas que seguiremos defendendo e reclamando a Mari Carmen Alonso e ó grupo de goberno do PP no exercicio das súas funcións”, afirma Ánxela Fernández.
Ningún comentario:
Publicar un comentario