1 de feb. de 2018

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

O ALUMNADO GUARDÉS DÁLLE OSÍXENO O MONTE SANTA TREGA

Entre á plantación do ano pasado e á deste, 2.000 novas árbores poboan a aba leste no entorno de Chans

Vista parcial da zoa onde os escolares dos centros educativos guardeses están plantando novas árbores no Monte Santa Trega
Fotos: José Fernando Martínez Martínez

Infogauda / Camposancos

 O mercores día 31 de xaneiro a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, por segundo ano consecutivo iniciou unhas xornadas de recuperación da natureza no Monte Santa Trega, e coa colaboración de todos os colexios do concello guardés se están a prantar cerdeiras, castiñeiros, nogueiras,... 


 Onte foi o alumnado de primaria e infantil do Colexio Manuel Rodriguez Sinde o que con toda ilusión desenvolveron a iniciativa. Hoxe foron os alumnos do Colexio PP. Somascos os que continuaron, e este venres será o alumnado do Colexio HH. Carmelitas, que a partir das 11:00 h., tomarán o relevo e con 160 alumnas/os seguirán a plantación.  

 Unha vez haxan pasado as festas do Entroido, a labor continuará cos colexios da Sangriña.

 Tamén participa nesta iniciativa os alumnos do colexio infantil e de primaria As Solanas, que o día 15 de febreiro terán o seu turno de plantación. 

 En total serán 1.000 árbores, que sumados os plantados na actuación de 2017, suman novas 2.000 árbores en espazo temporal de un ano. 

 "Seguimos apostando por un Trega libre de eucaliptos e acacias. Seguro que será tarefa nada doada, pero somos teimosos", afirmou a este xornal dixital José Fernando Martínez Martínez, presidente da Xunta Reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario