ATLETISMO
OS ATLETAS GUARDESES IRMÁNS SIERPES E MILU RODRÍGUEZ, COMPARTEN UNHA VEZ MÁIS PÓDIUM
NO XXIX CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA, DISPUTADO EN ALDÁN (CANGAS)
Os irmáns Christian é Álex Sierpes Pereira - campión e subcampión de Galicia de marcha en ruta - compartindo pódio con Rubén López
Infogauda / Deportes
O pasado domingo día 11 de febreiro celebrouse en Cangas do Morrazo, o XXIX Campionato Galego de marcha en ruta, con excelentes resultados para a escola do Atletismo Trega de Tomiño.
Ata Aldán (Cangas), desprazáronse os irmáns Sierpes e Emilia Rodríguez para disputar o devandito evento atlético.
Ás 11:00 h. arrincaba a primeira proba coa categoría dos máis pequenos (benxamins mixto) nun circuíto que discorría polo perímetro do porto de Aldán cunha distancia de 1 quilómetro (homologado pola RFEA).
Presentouse unha mañá de moita humidade, frío e choiva onde non deixou de diluviar en ningún momento, aínda que iso non impediu que os valentes marchadores fixesen grandes cousas como nos teñen normalmente afeitos.
Os irmáns Sierpes Pereira, atletas de A Guarda
Sobre ás 11:30 h. seguiríanlle coa saída da categoría alevín masculina-feminino (mixto) na cal teríamos a representación dos irmáns Sierpes Pereira na distancia de 2 quilómetros en ruta sobre asfalto, onde terían que facer dúas voltas.
Christian Siepres Pereira en plena carreira
Christian saíu unha vez máis a por a vitoria desde o primeiro intre da carreira e impoñendo un claro dominio respecto dos seus rivais, mesmo sobre o seu irmán que tampouco podería aguantarlle o forte ritmo imposto desde a saída, onde claramente Christian proclamaríase campión galego de 2 quilómetros alevín masculino (mixto) en ruta 2018, e levando o ouro cun considerable rexistro de 10´31". Para estar case na metade de tempada non está nada mal.
Seguíndolle detrás, entraría bastante máis atrasado o seu irmán Álex con un crono de 10´50", facéndose co subcampeonato autonómico coa medalla de prata xa que o bronce levaríallo Rubén López 11´19", de Club Atletismo Narón).
A marchadora guardesa Mª Emilia Rodríguez Baz na proba do pasado domingo
Cando eran ás 12:55 h. teríamos como peche do evento á categoría raiña de 10 quilómetros en ruta desde a categoría Sub 18, Sub 20, Sub 23, senior, máster feminino e masculino: Nela teríamos de representante á nosa marchadora guardesa Mª Emilia Rodríguez Baz, que tivo que dar 10 voltas ao circuíto.
A dereita da imaxe, Mª Emilia Rodríguez Baz, atleta de A Guarda, medalla de bronce no Campionato de Galicia en Marcha en Ruta
Correu moi valente desde a saída ata o final, disposta a dar moita guerra ata que as forzas permitísenllo. A pesar de estar diluviando todo o intre sen parar, loitou pola prata ata o quilómetro 8 onde tan só cedeu un pouquiño na parte final; Aínda así nada impediría que se fixese coa medalla de bronce do Autonómico Galego de master veteranas, cunha clara vantaxe sobre a 4ª clasificada da súa categoría, facendo unha grandísima marca de 61´42" entrando en 24ª posición da xeral onde compartiría pódium coas atletas: 1ª Concepción Campos Fernández (Atletismo Cuntis) 58´32"; 2ª Montserrat Pereira Pena 59´55" e Milu Rodríguez Baz 61´ 32".
Ningún comentario:
Publicar un comentario