13 de feb. de 2018

A GUARDA

O Desfile-Concurso do Martes de Entroido aprázase ao domingo por mor da choiva 

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda fixo público que o tradicional Desfile-Concurso de Entroido que estaba programado para a tarde deste Martes de Entroido aprázase finalmente ao domingo 18 de febreiro por mor das condicións meteorolóxicas adversas para a súa celebración.  

 Así as cousas, as comparsas, carrozas, grupos e participantes individuais ou en parellas desfilarán o vindeiro domingo a partir das 17:30 horas dende a coñecida como «esquina Famosa» na rúa San Bernardo, para despoi spercorrer as rúas Porto Rico e Galicia ata chegar á Alameda, onde se darán a coñecer os gañadores en cada categoría do concurso.  

 As comparsas e carrozas concursarán por un primeiro e segundo premio (dotados de 250€ e 150€, respectivamente) e nas demais categorías repartiranse ata 18 recoñecementos entre os 6 mellor valorados en cada grupo, cunorzamento total de 1.070€.   

 O desfile porá fin a unha intensa programación de Entroidonavila da Guarda, chea de actividades para todos os públicos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario