A GUARDA ACOLLERÁ A FEIRA DO EMPREGO E FORMACIÓN IMAXINACTÍVATE!
A presentación terá lugar este venres día 29 de setembro, ás 12:00 h., na Casa dos Alonso
Infogauda / A Guarda
O Concello da Guarda convida á presentación da Feira de Emprego e Formación “ImaxinActívate” que se celebrará este venres, 29 de setembro, ás 12:00 horas na Casa dos Alonso.
O acto de presentación irá a cargo do alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba Baz; o concelleiro de Formación e Emprego, Manuel Javier Crespo González; e a formadora e psicóloga social, Susana Rodríguez. Esta última impartirá un dos obradoiros dos que consta a feira, que se desenvolverá os días 5, 6 e 7 de outubro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario