28 de set. de 2017

A GUARDA

A GUARDA ACOLLERÁ A FEIRA DO EMPREGO E FORMACIÓN IMAXINACTÍVATE!

A presentación terá lugar este venres día 29 de setembro, ás 12:00 h., na Casa dos Alonso



Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda convida á presentación da Feira  de Emprego e Formación “ImaxinActívate” que se celebrará este venres, 29 de setembro, ás 12:00 horas na Casa dos Alonso.  

 O acto de presentación irá a cargo do alcalde do Concello da Guarda,  Antonio Lomba Baz; o concelleiro de Formación e Emprego, Manuel Javier Crespo González; e a  formadora e psicóloga social, Susana Rodríguez. Esta última impartirá un dos obradoiros dos que consta a feira, que se desenvolverá os días 5, 6 e 7 de outubro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario