21 de ago. de 2016

DEPORTES

PIRAGÜISMO

EXCELENTES RESULTADOS PARA OS TEIXUGOS NO CAMPIONATO GALEGO DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM 


Informa (Redacción e fotografías): Rosa Fernández Carrera

 Este domingo día 21 de agosto, celebrouse en Ribadumia o Campionato Galego de Promoción de Slálom. Esta é a máis importante das competicións que conforman a Liga Galega de Promoción de Slálom. Nela participan nenas e nenos das categorías benxamín, alevín e infantil. Sete foron os “teixuguiños” que acudiron a cita. 






 Ariadna Pereira, invatible esta tempada, foi campioa galega en C1 e K1 infantil. 

 Sergio Martínez, na categoría alevín, foi segundo tanto en K1 coma en C1. Na mesma categoría, Samuel Castro proclamouse campión galego en C1. Ainhoa Barreiro, tamén alevín, quedou segunda en canoa e campioa galega en caiac, a súa compañeira de categoría, Alba Soutelo, foi segunda en K1 e campiona en C1. 

 En K1 benxamíns Adrián Lluch rematou quinto e Haritz Serrano sétimo. 

 Inmellorable o balance final para o Club Deportivo Miño-Teixugos, con catro campións galegos, que lle valeron un segundo posto na clasificación final por equipos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario