O CONCELLO DE A GUARDA PRESENTARÁ O
PROGRAMA DE FORMACIÓN E EMPREGO CURSO 2015-2016
Será o mércores día 26 de agosto, ás 12:30 h., na Casa dos Alonso
Infogauda / A Guarda
A presentación do Programa de Formación e Emprego curso
2015-2016 terá lugar na Casa dos Alonso o próximo mércores 26 de agosto ás
12:30 horas, e están convidados os mozos e interesados en xeral para que coñezan
directamente dos responsables os dous programas propostos:
1.- Programa
de acompañamento e mentoring persoal e profesional para o autoemprego. Este
curso concíbese como unha continuación do xa realizado de Dinamización de
emprego: sementa o teu futuro. Está pensado para un máximo de 15 participantes
que teñan unha idea de negocio a desenvolver ou xa iniciado pero con dúbidas
sobre a súa continuidade. Desenvolverase durante seis meses e os módulos distribuiranse
en sesións grupais e individuais. As sesións distribuiranse seguindo criterios
de continuidade e flexibilidade.
2.- Laboratorio
de Ideas Emprendedoras A Guarda (LaIdEA): Fase I Teño unha Idea. Iniciamos un
proxecto no que, nesta Fase I, ten por finalidade facilitarlle os xoves da
Guarda que estudan ciclos formativos ou estudios universitarios en calquera
centro , un espazo de encontro debate para que xeren, creen ideas viables que
podan ser desenvolvidas como negocio por parte de empresas interesadas ou que
podan ser de interese para calquera institucións públicas. O Concello, nesta
Fase I, facilitará a formación destes xoves, nun horario continuado e flexible,
en temas relacionados coa creatividade, a innovación e o entorno de traballo en
colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario