O grupo “Julio & Agosto” actuará o venres 29 de agosto no Espazo Fortaleza de Goián
Infogauda / Goián
Dentro do ciclo Fortaleza Cultural, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Tomiño, o vindeiro venres 29 actuará a banda Julio & Agosto, no Espazo Fortaleza, de Goián.
Trátase de unha das agrupacions indie/folk/rock/acústico de Buenos Aires (Argentina), con máis crecemento na puxante escea independente de Buenos Aires e no interior da Argentina. Con unha formación particular r única para o concepto de “banda de rock”, que apunta o son acústico e a pureza da interpretación en vivo, seu repertorio destácase na canción e a melodía como eixos fundamentais.
Hoxendía atópanse realizando súa primeira xira europea que inclúe datas en Francia, Alemania, Holanda, Austria e principalmente Galicia e norte de Portugal, lugares onde realizarán a maior cantidade de concertos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario