21 de ago. de 2014

ALLARIZ

O Concello de Allariz optimiza o cobro de taxas e impostos


O Concello de Allariz ven de instalar un novo programa informático que dotará á entidade local a posibilidade de optimizar a recadación das cantidades impositivas non abonadas polos contribuíntes. 

A nova aplicación de recadación, cun custe de 6.000€, permitirá ao concello o cobro eficaz daquelas cantidades sobre taxas e impostos que non sexan abonadas polos contribuíntes. O Concello de Allariz recada directamente por vía voluntaria e executiva os impostos e taxas de vehículos, lixo, IAE ou IBI nun total de preto do 90% da cantidade total devengada. 

Este será un mecanismo máis para facer fronte ao cobro das cantidades dos contribuíntes que non abonen as súas débedas na vía voluntaria. No caso en que non se fagan efectivas o Concello poderá realizar o embargo na conta bancaria do contribuínte e mesmo dos seus bens patrimoniais. 

Logo do remate do prazo voluntario do Imposto sobre Bens Inmobles, que rematará o vindeiro 5 de setembro, o Concello procederá a realizar, por vía de apremio, as notificacións pertinentes procedentes das débedas dende o ano 2010 ata a actualidade, que suman un total aproximado de 500.000€. A administración propón pagos fraccionados, dacordo cos prazos establecidos, para facilitar o pago aos contribuíntes. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario