23 de out. de 2012

VAL MIÑOR

Posted: 22 Oct 2012 02:08 PM PDT
cespa2
O Concello de Nigrán renovará parte do seu parque de maquinaria destinada á limpeza viaria e recollida de lixo, a través dun acordo coa empresa CESPA, concesionaria do servizo. A operativa foi acordada na comisión de contas do pasado venres, na que se informou que a operación , duns 300 mil euros que investirá CESPA, permitirá a incorporación de tres camións, dez equipos multiusos para limpeza viaria, beirarrúas e superficies verticais, así como novas papeleiras e colectores para o municipio.


 
Posted: 22 Oct 2012 07:25 AM PDT
A Policía Local de Nigrán detivo na tarde ddo domingo a un home que responde ás iniciais P.L.M., baixo o cal recaía unha orde de procura, detención e ingreso en prisión ditada polo Xulgado do Penal número 3 de Vigo. Esta detención produciuse en coaboración coa Garda Civil, grazas á colaboración dun veciño que informou ao corpo de seguridade local que o detido, xunto con dúas persoas máis, estaba subtraendo un panel informativo municipal na Estrada pola Vía, á altura do restaurante A Costa de Claudia. Na parte traseira do vehículo, a Policía Local incautou unha machada e un bate de beisbol.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario