23 de out. de 2012

PONTEVEDRA


A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA INICIA UN CICLO DE SEMINARIOS, CONCURSO DE RECEITAS E COCIÑA EN DIRECTO PARA DINAMIZAR E POÑER EN VALOR OS MERCADOS MUNICIPAIS

Terán lugar en varios da provincia e participarán expertos da Comunidade Valenciana e restauradores do Grupo novembro

Infogauda / Pontevedra

A Deputación de Pontevedra pon en marcha un ciclo de seminarios de intercambio de experiencias _dirixido aos vendedores e responsables de mercados da provincia_ e un concurso de receitas, según explicou hoxe en rolda de prensa o presidente provincial, Rafael Louzán.

Seminarios en Vilanova, Caldas e Moaña

A iniciativa enmárcase nas actuacións de e os Seminarios , englobados baixo o epígrafe , terán lugar os días 23 no Mercado Municipal de Vilanova de Arousa; o 24, no de Caldas de Reis; e o 25 de outubro no de Moaña.

Os cursillos serán impartidos polo Subdirector Xeral de Comercio da Generalitat Valenciana, Juan Valea, e pola presidenta da Asociación de Comerciantes do Mercado Municipal de Aldaia (Valencia). Entre os seus obxectivos figuran o intercambio de experiencias para vendedores dos mercados municipais; a promoción dos mercados como lugares con tradición e de confianza; a renovación e dinamización da súa actividade e oferta comercial; e a necesidade de adaptarse ós cambios das necesidades dos consumidores e clientes.

Pola súa banda, o concurso de receitas terá lugar o vindeiro 29 de outubro, luns, nos mercados municipais de Portonovo, O Grove, Caldas de Reis, Bueu e Porriño. O seu obxectivo é atraer  novos perfís de consumidores, renovar e dinamizar a actividade e a oferta comercial dos mercados e promocionar e poñer en valor a imaxe dos mercados e dos seus vendedores.

do Grupo Nove en oito concellos

Perante o mes de novembro, os mercados de Portonovo, O Grove, Bueu, Porriño, Caldas, Ponteareas, Vilagarcía e Redondela acollerán o _cociña en vivo, diante do cliente_ no que participarán os restaurantes Eirado da Leña (Pontevedra), Culler de Pau (O Grove), Casa Solla (Poio), Yayo Daporta (Cambados), Pepe Vieira Camiño da Serpe (Raxó), Silabario (Tui) e Pandemonium (Cambados).

Para desenvolver esa actividade de cociña en directo, nos citados mercados instalaráse un stand que recrea unha cociña tradicional para que os anteditos restauradores elaboren distintas receitas en directo, á vista do público.

Con esta actividade, a Deputación de Pontevedra e os cociñeiros _vencellados ao Grupo Nove_ pretenden vencellar o prestixio da cociña galega cos produtos frescos e de calidade que se poden atopar nos mercados municipais. Buscan tamén dinamizar e promocionar os mercados, así como dignificar a súa imaxe, fidelizar aos clientes e atraer novos perfís de consumidores como potenciais clientes.

Aunar esforzos para comercializar e poñer en valor

Tanto as receitas seleccionadas dentro do concurso, como as elaboradas polos cociñeiros do grupo Nove, serán incluídas nos Tótems interactivos colocados nos distintos mercados.
  
Na súa comparecencia de prensa, Louzán explicou que esta iniciativa da Deputación e da Xunta de Galicia pretende potenciar a formación, a información e a comercialización, e reactivar o gran potencial dos mercados municipais fortalecendo o binomio turismo e comercio como sectores estratéxicos e dinamizadores da economía provincial.

, dixo. Nesta liña, destacou que as Rías Baixas son un referente nacional de turismo e calidade de produtos e de elaboración gastronómica.

, asegurou Louzán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario