
O BNG reclama que do concello accesos para persoas con mobilidade reducida nas obras da praza do Calvario
- O concello debe dar exemplo nestas cuestións para logo poder esixirlle aos particulares
- O concello debe dar exemplo nestas cuestións para logo poder esixirlle aos particulares
Infogauda / O Rosal
O BNG presentou o pasado martes día 15 no rexistro do concello, unha proposta na que solicitan que se dote de ramplas de acceso as persoas con mobilidade reducida a praza do Calvario, as beirarrúas que circundan a mesma e os accesos a praza de abastos.
Os nacionalistas indican que nas obras de asfaltado de parte da praza do Calvario que recentemente se realizaron, non se tivo en conta a lexislación vixente en materia de supresión de barreiras arquitectónicas.
O voceiro nacionalista, Alberte Alonso Pereira, manifestou que o concello debe dar exemplo nestas cuestións, pois logo esixe que os particulares adapten seus locais comerciais as normas vixentes.
Nese sentido, solicitaron que se dote de ramplas de acceso para persoas con mobilidade reducida: a zona central da praza polas catro entradas; a praza de abastos e a todas as beirarrúas que circundan a propia praza do Calvario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario