- Só na iluminación pública, pódese acadar un aforro de ata o 35%.
- “Na situación actual, non se pode asumir que o consumo eléctrico do concello supoña preto do 10% dos orzamentos”, di Alberte Alonso.
Infogauda / O Rosal
O BNG ven de solicitar a elaboración dun Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética integral, que contemple edificios, alumeado, parque móbil,... que estableza obxectivos de aforro a curto, medio e longo prazo; o estudo do uso de fontes renovables e o aproveitamento integral de todos os recursos enerxéticos.
O voceiro nacionalista, Alberte Alonso Pereira, indica que se pode aforrar ata un 35%, no caso concreto da iluminación pública, segundo estudos de eficiencia enerxética realizados en base a datos de concellos galegos. Así mesmo di que o potencial de aforro enerxético medio está en torno ao 22% do consumo. Entendendo dentro deste tamén o aforro en combustibles para calefacción e no parque móbil municipal.
Segundo indican os nacionalistas, o concello do Rosal nos últimos anos viu incrementado o gasto en enerxía eléctrica, sobre todo en iluminación pública. “Este incremento é froito, por unha banda, dunha política propia de quen xestiona os cartos públicos como algo alleo e da cultura do 'despilfarro' herdada dunha época de bonanza económica, e por outra, da falta absoluta do control do gasto público polo goberno municipal”.
O voceiro do BNG, Alberte Alonso Pereira, aclara que no Rosal, o gasto en enerxía eléctrica achégase ao 10% do total do orzamento municipal vixente, e é o 18,5% do capítulo de gastos correntes e servizos, o que supón “unha auténtica carga financeira que na situación actual é inasumíbel”
Os nacionalistas din que co simple cambio de lámpadas por outras de menos potencia e consumo, que o alcalde ten manifestado se está a facer, non é suficiente. “Para que o aforro, tanto enerxético como económico sexa óptimo, debe abordarse en base a un plan integral e que contemple todas as variables de aforro enerxético posíbeis” indican.
Nese sentido, propoñen a elaboración dun Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética do concello do Rosal, que analice a situación actual, tanto técnica como economicamente, sobre edificacións municipais, alumeado público, transporte e parque móbil, etc, e se establezan cambios e modificacións co fin de obter unha solución óptima, que permita un aforro enerxético, e consecuentemente, do gasto público.

Ningún comentario:
Publicar un comentario